AS PALABRAS PERDIDAS

AS PALABRAS PERDIDAS

Sala Ártika
18 mayo 18:00
45 min

Entradas para o espectáculo “AS PALABRAS PERDIDAS – INVENTI TEATRO ” na Sala Ártika de Vigo. 

Data: Sábado 18 e domingo 19 de maio de 2024 

Hora

  • Sábado 18 de maio de 2024 ás 18:00h
  • Domingo 19 de maio de 2024 ás 18:00h 
Recinto: Sala Ártika 

Prezo
  • Venta online: Entrada Anticipada: 8 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada Xeral: 10 € 
Idades recomendada: + 4 anos 

Duración: 45 min 

Xénero: Comedia 

Idioma: Galego 

Entradas para o espectáculo “AS PALABRAS PERDIDAS – INVENTI TEATRO” o sábado 18 e domingo 19 de maio de 2024 na Sala Ártika. 

SINOPSE

A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes. palabras como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto. “As palabras perdidas” é un espectáculo de teatro versátil que se adapta a un espazo interior ou exterior. Unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia. As familias asistentes aprenderán a nomear en galego conceptos sinxelos como os números, as cores e os hábitos cotiás. Con todo, tamén coñecerán palabras que se atopan máis agochadas. 

As entradas para o espectáculo “AS PALABRAS PERDIDAS – INVENTI TEATRO ” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 10 € ou 8 € + gastos de xestión.

Sesiones disponibles