Desde 26/09/2026 20:00
FESTIVAL DE CURTAMETRAXES AGARIMA
Sala Principal
240 min
Entradas para "FESTIVAL DE CURTAMETRAXES AGARIMA” na Sala Ártika en Vigo. Data: sábado, 26 de setembro de 2026. Hora: sábado, 26 de setembro de 2026. o ás 16:30 h. Recinto: Sala Artika Prezo: Venta online: Entrada Anticipada: 5 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes función) En taquilla: Entrada Xeral: 7 € Idades recomendada: Público adulto. Entradas para o “FESTIVAL DE CURTAMETRAXES AGARIMA”o sábado 26 de setembro de 2026 na sala Ártika. SINOPSE: Agarima é un festival de cine que nace da necesidade de crear un espazo para a proxección e presentación de proxectos audiovisuais, xerados en escolas de cine galegas, en centro formativos audiovisuais ou como primeiras obras de cineastas novas. Este evento pretende tecer unha rede entre artistas para xerar encontros culturais nos que cada un poida achegar o seu quefacer artístico e, a través deste, chegar ao público; ademais de nutrir así a provincia de Pontevedra. Co-fundado por Eva Vaeli e Manu Sacoga. Producido por Nidara Studio e Ondamar Films, colectivos audiovisuais de Vigo. As entradas para o " FESTIVAL DE CURTAMETRAXES AGARIMA " en Vigo teñen un prezo de 7 € ou 5 € + gastos de xestión.
Desde 02/10/2026 20:00
ISTO NON É UN ACTO POLÍTICO
Sala Ártika
70 min
Isto non é un acto político é a nova produción de Ártika Cía., unha proposta escénica provocadora, dinámica e chea de ironía que reflexiona sobre o avance dos discursos totalitarios na sociedade actual. O espectáculo preséntase como unha falsa charla TED musicada na que tres conferenciantes defenden, con retranca e humor negro, as supostas virtudes do fascismo fronte a unha democracia que consideran caduca. A través da palabra, da acción escénica e de números musicais, a peza revela como determinados discursos se infiltran na vida cotiá mediante as redes sociais, a manipulación da linguaxe, o medo, a creación de inimigos e as falsas certezas. Inspirada no ensaio Instrucións para converterse en fascista, de Michela Murgia, a obra coloca o público diante dun espello incómodo e necesario: canto dese pensamento habita xa na nosa sociedade, no noso entorno e mesmo en nós? Un espectáculo crítico, divertido e profundamente actual para mirar de fronte o tempo que vivimos.
Desde 09/10/2026 20:00
AGORA GUERRILLA
Ambigú
60 min
Agora Guerrilla é o proxecto da Orquestra Galega de Liberación para clubs e salas de concertos: unha proposta de formato reducido que traslada a potencia colectiva da gran orquestra a unha experiencia máis próxima, crúa, punk e directa. A través da condución e da improvisación dirixida, músicos da escena galega crean en tempo real composicións inéditas, imposibles e irrepetibles. Cada concerto é unha estrea absoluta, un ritual sonoro no que o público presencia a música no mesmo instante no que nace. Unha experiencia viva, magnética e imprevisible, pensada para quen procura unha música de vangarda accesible, intensa e profundamente conectada co presente.
Desde 17/10/2026 18:00
LA RATA MARIETA
Sala Ártika
50 min
La rata Marieta é un espectáculo familiar de L’Horta Teatre que combina títeres, danza e teatro de sombras para convidar o público máis pequeno a entrar nun universo cheo de imaxinación, maxia e aventuras. Marieta naceu nunha páxina e, desde unha simple folla, sairá para encher o escenario de historias. É unha ratiña curiosa e valente, capaz de transformar calquera trazo, debuxo ou recuncho en algo novo por descubrir. Porque ás veces un debuxo pode cambialo todo, e unha páxina pode gardar un mundo enteiro. A través dunha linguaxe visual, poética e próxima, o espectáculo xoga coa capacidade da infancia para imaxinar, crear e converter o cotián en extraordinario. Unha proposta delicada e estimulante que esperta a curiosidade e celebra o poder das historias, dos libros e dos soños. Cantas aventuras caben nunha folla? Cantos soños pode conter un só trazo? Cantas historias agochan as páxinas dun libro? Espectáculo recomendado para público familiar a partir de 3 anos.
Desde 17/10/2026 20:30
O CHOW DO FLOW
Ambigú
60 min
Fluír non está sobrevalorado, porque fluír ten moito que ver con estar no presente e iso non che é doado tal e como temos montado o mundo. No Colectivo do Flow convidámosvos a ver como creamos historias en presente i en plural a partir das premisas que vós, público, propoñades. Cantamos, bailamos, actuamos e facemos rir... Non somos Lola Flores pero tampouco nos perdas. Colectivo do Flow crea un espectáculo de improvisación onde todo nace no presente e en plural. A partir das premisas propostas polo público, o elenco constrúe historias únicas combinando actuación, humor, música, canto e baile. Unha experiencia viva, imprevisible e participativa para deixarse levar polo xogo escénico e descubrir que fluír tamén pode ser unha festa.
Desde 24/10/2026 20:00
TODO TERMINARÁ PARA NAVIDAD
Sala Ártika
75 min
Todo terminará para Navidad, de El Rayo Misterioso, é unha proposta escénica intensa e vertixinosa que presenta o estado actual dunha sociedade atravesada polo absurdo, a loucura, o pensamento errático e a indiferenza. A obra constrúese como unha sucesión de accións, símbolos e pulsións dramáticas que colocan o público diante dun espello incómodo. A través dun poderoso diálogo entre textos, imaxes, sons e corpos en movemento, o espectáculo potencia o ritmo dramático dos actores e dá forma a un inconsciente colectivo marcado pola repetición constante de comportamentos tráxicos. Cunha linguaxe visual e física de grande forza, a peza propón unha experiencia teatral esixente, poética e perturbadora, na que a escena se converte nun espazo de confrontación co presente e coas súas contradicións. Un drama en español, recomendado para público adulto a partir de 16 anos
Desde 31/10/2026 20:00
OH MAMMI BLUE
Sala Ártika
70 min
Oh, Mammi Blue é un monólogo cómico de Cinema Sticado que comeza nas primeiras horas dun parto, nas últimas dun embarazo e coa sensación inevitable de que algo pode saír mal. A protagonista enfróntase a ese momento límite no que todo parece estar a piques de cambiar. A través dunha serie de incidentes, erros e decisións levadas ata as últimas consecuencias, a obra constrúe unha situación tan absurda como recoñecible, onde o humor aparece como ferramenta para atravesar o medo, a incerteza e o caos. Cunha linguaxe directa, irónica e profundamente humana, Oh, Mammi Blue fala dese instante no que a vida se desordena por completo e xa non hai volta atrás. Unha comedia sobre o corpo, a maternidade, os imprevistos e os cambios que chegan sen pedir permiso. Un espectáculo en galego, recomendado para público maior de 16 anos.
Desde 06/11/2026 20:00
PUNCTUM
Ambigú
60 min
Punctum é o novo proxecto musical liderado polo guitarrista e compositor Manuel Cebrián, acompañado de Paco Charlín ao contrabaixo e David Puíme á batería. Todos eles con unha ampla traxectoria na escena jazzística nacional e internacional, forman parte de diversos proxectos que teñen o seu percorrido na escena global do jazz. Músicos cunha dilatada experiencia en estilos musicais diversos e cunha carreira profesional moi destacada.
Desde 07/11/2026 20:00
SIÉNTESE
Sala Ártika
55 min
Siéntese, da compañía Maintomano, é unha proposta escénica que reflexiona sobre a espera, a esperanza e todo aquilo que acontece mentres a vida parece estar en pausa. Pasamos boa parte do tempo agardando: a que suceda algo, a que chegue unha persoa, a que un acontecemento cambie a nosa vida ou, simplemente, a que todo siga igual. Mais que ocorre nese tempo intermedio? Que facemos mentres esperamos? Esperamos ou desesperamos? A través dunha linguaxe poética, física e visual, Siéntese constrúe un universo escénico arredor dunha cadeira, dous intérpretes e unha estrutura que transforma o espazo nun lugar de encontro, tensión, xogo e risco. O espectáculo combina corpo, humor, acrobacia e imaxes de gran forza para falar, desde a sinxeleza e a emoción, dunha experiencia profundamente humana: a necesidade de permanecer, resistir e confiar mentres a vida avanza. Unha peza delicada, sorprendente e cercana, que convida o público a sentar, mirar e recoñecerse nese tempo suspendido no que todo pode cambiar
Desde 12/11/2026 20:00
1972
Sala Ártika
50 min
1972, de ButacaZero, é unha comedia en galego que recupera un dos episodios máis potentes da memoria obreira de Vigo: a gran folga de setembro de 1972, cando a cidade quedou paralizada e o movemento sindical puxo contra as cordas á ditadura franquista. A través dunha proposta escénica pensada para público familiar a partir de 12 anos, o espectáculo achega ás novas xeracións un momento clave da nosa historia recente. Adolescentes da cidade olívica investigan sobre o escenario aquel levantamento colectivo xunto a un equipo de profesionais da escena contemporánea, construíndo unha ponte entre memoria, teatro, humor e compromiso social. 1972 forma parte do proxecto Barrios en Loita, impulsado por Teatro del Barrio dentro da iniciativa España en Libertad. 50 años, e propón mirar cara ao pasado non como un exercicio nostálxico, senón como unha maneira de entender mellor o presente. Un espectáculo necesario, vivo e próximo para lembrar que a historia tamén se escribe desde os barrios, desde a xente traballadora e desde a forza colectiva dunha cidade.
Desde 14/11/2026 18:00
BERENGUELA NA GAIOLA
Sala Ártika
50 min
Berenguela na gaiola, de Galeatro e Xarope Tulú, é unha proposta familiar en galego, divertida e emotiva, con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira. Nunha residencia da terceira idade traen de volta a Berenguela, unha anciá que aproveita a mínima oportunidade para fuxir. Ela só quere regresar á súa casa da aldea, ao lugar onde sempre viviu e onde sente que aínda pode ser libre. Berenguela protesta, rosma e funga, mais a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora tamén vive na residencia, aínda que non lembra ben quen é, así que pode ser quen ela queira. Xunto a elas está Tomás, que pasa os días mirando pola xanela, triste e gris. A través da representación de Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María, estas tres persoas maiores atoparán a liberdade que pensaban perdida e a posibilidade de cambiar o mundo. Un espectáculo tenro, poético e cheo de humor, que fala da memoria, da vellez, da amizade, da identidade e do dereito a decidir quen somos e onde queremos estar.
Desde 14/11/2026 20:30
LAS PASCUALAS
Ambigú
50 min
A vida é complexa e cada tanto golpea. Non hai dúbidas. Pero.. Que sería de nós sen a compañía da outra? A dor arde, pero arde menos cando unha amiga dáche un abrazo. Que sería de nós sen a risa? AI PASCUALA! O fracaso é amargo ata que río contigo. Ás amigas: Grazas
Desde 21/11/2026 20:00
ESCUPIR AL CIELO
Sala Ártika
90 min
Escupir al cielo, de Azar Teatro, é unha traxicomedia en castelán para público adulto que arrinca nunha estrada secundaria, no medio da noite, cun home e unha muller de idade madura viaxando nunha vella motocicleta. A máquina precisa gasolina e a luz dunha estación de servizo semella prometer a axuda necesaria. Mentres el enche o depósito, ela entra na tenda da gasolineira para repoñer forzas con algún doce. Mais un acto inesperado e inexplicable de violencia muda por completo a situación: de súpeto, a muller queda coa caixa rexistradora nas mans e cun cadáver aos seus pés. A partir dese momento, a parella vese obrigada a encerrarse na pequena gasolineira, finxindo normalidade e tentando agochar a verdade aos inoportunos clientes que, esa noite, aparecen con máis frecuencia da desexada. Unha peza de tensión, humor escuro e situacións límite, onde o absurdo e o tráxico se mesturan nunha noite cada vez máis difícil de controlar.
Desde 27/11/2026 20:00
A ARTE DA GUERRA
Sala Ártika
80 min
Mofa e Befa: a arte da guerra, de Producións Teatrais Excéntricas, é unha comedia en galego para público adulto que parte do mítico tratado militar de Sun Zi para construír unha sátira feroz, lúcida e retranqueira sobre o noso tempo. “A arte da guerra fúndase no engano”, di o mestre Sun. A partir desa idea, Mofa e Befa mergúllanse nun mundo atravesado polo belicismo, a astucia, o poder e os conflitos humanos máis absurdos. Polo escenario desfila unha galería disparatada de reis, xenerais, concubinas, guerrilleiros, espías, magnates, adestradores de fútbol, actores de acción, xestores de empresas, avogadas matrimoniais e outras criaturas en permanente colisión. Nunha noite de tormenta, fuxindo da fame e da miseria, o dúo atópase cun mestre de bushido en paro, Mixamoto Mashashi, que os instruirá nos principios da guerra e da autodefensa. Ese encontro convértese no detonante dun xogo de espellos tortos, entre o soño e a realidade, onde a vella sabedoría militar chinesa serve para mirar con humor e mala baba a condición humana. Un espectáculo rápido como o vento, silencioso como unha fraga, feroz coma o fogo e inmóbil como unha montaña.
Desde 11/12/2026 20:00
MANDARINAS
Ambigú
60 min
Mandarinas é un dúo vigués formado por Xavier Bértolo ao piano e Rubén Abad á guitarra española. Un proxecto que sobrevoa diferentes xéneros que conflúen na conxugación do jazz coas músicas do mundo. Material acústico orixinal para o oído afeito ao sincretismo, ao eclecticismo sonoro. Anacos dos distintos caracteres e personalidades estilísticas que se harmonizan nun froito de temperamento trotamundos, que non só se manifesta a través de influencias espaciais senón tamén temporais. Música con raíces no clásico de Bach ou Ravel, un tronco con codia de jazz á maneira de Ellington ou Mingus; pólas que acadan diferentes manifestacións folclóricas desde a Arxentina, Porto Rico, Turquía ou España. Mandarinas combina o talento de dous perennes representantes do underground galego de corte ecléctico e experimental presentes en formacións como Trilitrate, Comando Radar, Es un Árbol, Cró!, Orquesta Metamovida, Peña, Raposa ou Corvax. O seu extenso labor interpretativo e creativo abrangue así mesmo unha frutífera actividade dentro da esfera audiovisual, na que teñen realizado composicións para películas, obras de teatro, documentais, curtametraxes, etc.
Desde 12/12/2026 20:00
4200 kilómetros
Sala Ártika
120 min
4200KM, de Teatro de lo Inestable, é unha proposta de teatro contemporáneo en castelán para público adulto que nos sitúa mar adentro, nunha barcaza con 25 persoas á deriva. Ao redor non hai costa, nin límites da terra, só mar, noite, tormentas, frío e unha distancia inmensa. Un espazo extremo onde o tempo se suspende e cada corpo queda exposto á espera, ao medo e á esperanza. A obra parte dun proceso de investigación arredor do que aconteceu durante e despois dos 90 días que durou a viaxe dun caiuco á deriva. A través dos documentos atopados sobre unha bióloga mariña obsesionada coas baleas e do diario dun supervivente, a peza reconstrúe unha pregunta tan necesaria como incómoda: que quedou da tripulación daquela barca aparecida a 4200 quilómetros de Porto Rico? 4200KM fala das persoas que desaparecen no seu camiño migratorio na procura dun lugar mellor. Das vidas que se perden no mar, das historias que apenas chegan a contarse e da responsabilidade de mirar cara a esa realidade sen apartar os ollos. Un espectáculo poético, físico e profundamente humano sobre a memoria, a desaparición, a migración e a fraxilidade da vida cando só queda resistir no medio do océano.
Desde 19/12/2026 20:00
MULLERES QUE VIVEN SOAS #MQVS
Sala Ártika
80 min
#MQVS Mulleres que viven soas, de Berrobambán, é unha comedia en galego para público adulto que mestura teatro documental, stand-up comedy e teatro isabelino para poñer no centro as vidas, experiencias e contradicións das mulleres que viven soas. Interpretado por tres das grandes contadoras de historias do país —Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo—, o espectáculo dá voz e corpo a relatos reais e personaxes femininas de ficción, construíndo unha peza viva, directa e chea de humor, memoria e pensamento crítico. A proposta nace tamén dun proceso de escoita recollido en dez cápsulas de audio, nas que mulleres de diferentes xeracións e traxectorias vitais comparten a súa relación coa soidade, a autonomía, o medo, o desexo, a liberdade e os xuízos sociais que aínda pesan sobre quen decide, ou aprende, a vivir sen compañía estable. #MQVS fala de mulleres que levan máis de trinta anos vivindo soas e doutras que acaban de iniciar ese camiño. Mulleres que non responden a un único modelo, nin a unha única historia, mais que comparten a necesidade de ser escoitadas sen paternalismos nin etiquetas. Un espectáculo divertido, intelixente e necesario sobre a soidade escollida ou sobrevida, os mandatos sociais e a liberdade de ocupar o propio espazo.
Desde 21/12/2026 18:00
EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES
Sala Ártika
50 min
El carnaval de los animales é unha proposta de danza-teatro pensada para achegar ás crianzas ao universo da danza e da música a través da célebre partitura de Camille Saint-Saëns. Tres bailaríns chegan ao escenario e constrúen, diante do público, un xogo escénico cheo de movemento, imaxinación e humor. Cada fragmento musical convértese nun animal, nun carácter e nunha pequena escena recoñecible para os máis pequenos: o león, as galiñas, a tartaruga, o elefante, o canguro, os paxaros, o cisne e moitos outros personaxes desfilan ante o público nunha celebración visual e sensorial. A coreografía de Marcela Aguilar humaniza estes animais para facelos máis próximos, xogando coa fantasía, o xesto e a expresividade do corpo. O espectáculo convida as nenas e nenos a descubrir que animal se agocha tras cada movemento e cada música. Unha experiencia poética, lúdica e didáctica para gozar en familia, recomendada especialmente para público infantil de 3 a 6 anos.
Desde 22/12/2026 18:00
FORMAS
Sala Ártika
50 min
formaS é un espectáculo de danza visual no que o movemento, a manipulación de obxectos, a luz negra e os efectos escénicos se combinan para crear un universo sorprendente e en constante transformación. Sobre o escenario, as formas aparecen, desaparecen, cambian, respiran e xogan coa percepción do público. O real e a ilusión mestúranse nunha proposta chea de imaxes suxestivas, onde nada é exactamente o que parece e todo pode converterse noutra cousa. Seleccionado para FETEN 2019, o Circuito da Red de Teatros Alternativos e o catálogo Platea, formaS é unha creación pensada para espertar a curiosidade das nenas e nenos a través dunha linguaxe visual, poética e accesible. Un espectáculo delicado, imaxinativo e diferente, onde o corpo, os obxectos e a luz abren unha viaxe escénica arredor da transformación, o xogo e a capacidade de mirar o mundo con outros ollos. Recomendado para público familiar a partir de 4 anos.
Desde 23/12/2026 18:00
GRILLOS Y LUCIÉRNAGAS
Sala Ártika
50 min
Grillos y luciérnagas é unha proposta teatral para público familiar que nos introduce nun mundo fantástico, verde e misterioso, onde a noite esperta chea de sons, luces e sombras. O espectáculo parte dunha pregunta sinxela e poética: que acontece cando se esperta a noite? A partir dese momento, unha muller e un home constrúen un xogo escénico delicado arredor dos contrarios: o branco e o negro, a luz e a escuridade, o día e a noite, o medo e a curiosidade. A través dunha linguaxe visual, suxestiva e próxima, a obra convida as crianzas a descubrir como se transforma o mundo cando cae a escuridade. As sombras, os pequenos sons e as luces convértense nun territorio de imaxinación no que o público pode recoñecer o misterio e a beleza do descoñecido. Un espectáculo coidado, sensible e poético para acompañar os máis pequenos nunha viaxe escénica arredor da noite, da fantasía e da capacidade de asombro.
Desde 23/12/2026 20:00
SANTI MEIJIDE - CONCERTO DE NADAL (SO PIANO)
Ambigú
60 min
A Sala Ártika celebra o Nadal cun concerto especial a cargo do pianista vigués Santiago Meijide, intérprete formado na Escola Superior de Música de Cataluña, na Academia Gnessin de Moscova e no Centro Superior Katarina Gurska de Madrid. O programa propón unha viaxe polas grandes transformacións da linguaxe pianística entre os séculos XVIII e XIX. A expresividade da Sonata en fa sostido menor de Carl Philipp Emanuel Bach abre un percorrido que continúa coa brillantez e elegancia da Sonata nº 25 op. 79 de Beethoven. A continuación, a Fantasía en fa menor op. 49 de Chopin desprega unha das páxinas máis ambiciosas do compositor, na que conviven lirismo, dramatismo e unha fonda imaxinación poética. O concerto culmina cos Estudos sinfónicos op. 13 de Robert Schumann, unha das grandes obras do repertorio romántico para piano, onde a esixencia técnica se pon ao servizo dunha profunda riqueza expresiva. Un recital pensado para gozar da música en directo nunha data especial, cun programa de grande beleza e intensidade interpretativa.
Desde 24/12/2026 12:00
PUM! PUM! QUEN HAI?
Sala Ártika
50 min
Pum! Pum! Quen hai? é unha comedia musical familiar de Ártika Cía. que nos leva a unha aldea galega onde cada día pode converterse nun xogo. Gaia, unha nena esperta e curiosa, guía o público a través dos xogos tradicionais do seu pobo. Xunto con personaxes tan carismáticos como Tía Maruxa e Don Rosmón, irá descubrindo os segredos que agochan as portas veciñas, nunha aventura chea de música, humor, equívocos e revelacións. Cando chegan novos e misteriosos veciños, a comunidade terá que enfrontarse aos seus medos, prexuízos e desconfianzas. A través da risa e da imaxinación, o espectáculo lembra a importancia da curiosidade, da aceptación e da diversidade. Unha proposta colorida, próxima e divertida, pensada para gozar en familia e celebrar a forza da comunidade, dos xogos compartidos e da mirada aberta da infancia. Espectáculo en galego recomendado para público familiar a partir de 4 anos.
Desde 26/12/2026 18:00
A BIBLIOTECA GALÁCTICA
Sala Ártika
50 min
A biblioteca galáctica, de Tanxarina, é unha comedia familiar en galego que combina aventura, fantasía e amor polos libros. Ataulfo, o pequeno rato gardián da Biblioteca Galáctica, descobre que algo moi estraño está a acontecer: os personaxes dos libros infantís comezan a desaparecer e as historias esvaécense páxina a páxina. Decidido a salvalas, unirá forzas con Ramón Lamote e Sara, dous lectores valentes que coñecen ben o poder da imaxinación. Xuntos deberán entrar nos propios libros, seguir pistas ocultas entre as súas liñas e enfrontarse ao enigmático profesor Smith, cuxa avanzada intelixencia artificial ameaza con reescribir todas as historias á súa maneira. Se fallan, os contos deixarán de existir. Se teñen éxito, demostrarán que a fantasía, a lectura e a creatividade poden ser máis fortes ca calquera algoritmo. Un espectáculo divertido e actual sobre os libros, a imaxinación e a necesidade de seguir soñando historias propias. Recomendado para público familiar a partir de 6 anos.
Desde 27/12/2026 18:00
PÉREZ, UNA AVENTURA SIN DIENTES
Sala Ártika
55 min
Pérez, una aventura sin dientes é un espectáculo familiar de Títeres Sin Cabeza que combina títeres de mesa e interpretación para contar unha historia divertida, emocionante e moi próxima aos primeiros medos da infancia. Guillermo é un pequeno ratiño cun gran problema: é o único da súa clase ao que aínda non lle caeu ningún dente. Mentres os seus compañeiros xa coñeceron o famoso Rato Pérez, el vive co medo de que se rían del por ser o máis pequeno e por non estar á altura. Decidido a cambiar a súa sorte, Guillermo lánzase á aventura fóra da seguridade da súa madrigueira para conseguir, como sexa, o seu primeiro dente. Mais no camiño descubrirá que medrar non consiste en ir máis rápido ca os demais, senón en atopar o propio momento. Unha proposta tenra, divertida e chea de imaxinación para acompañar as crianzas nos seus primeiros medos, comparacións e descubrimentos. Recomendado para público familiar a partir de 3 anos.
Desde 28/12/2026 18:00
MOBY DICK
Sala Ártika
40 min
Moby Dick, de Pedras de Cartón, é unha adaptación libre e familiar do clásico de Herman Melville, pensada para achegar as grandes historias da literatura ao público máis novo a través do humor, o xogo visual e unha posta en escena espectacular. Case sen palabras e en clave de comedia, o espectáculo presenta unha gran balea construída sobre un triciclo autónomo, capaz de desprazarse por diferentes espazos e de interactuar directamente co público. O enorme cachalote abre e pecha a boca, move os ollos, o corpo e a cola, e mesmo lanza auga, creando unha experiencia sorprendente e moi próxima. A proposta transforma a aventura mariña de Moby Dick nun encontro escénico cheo de movemento, efectos e imaxinación, mantendo o espírito épico do clásico pero adaptándoo a unha linguaxe visual accesible e divertida para toda a familia. Un espectáculo de rúa ou espazo aberto que convida a navegar entre o humor, a fantasía e a fascinación polos grandes relatos. Recomendado para público familiar a partir de 4 anos.
Desde 29/12/2026 18:00
EL CARNAVAL ANIMAL
Sala Ártika
50 min
El carnaval animal, de Luz, micro y punto, é un espectáculo de teatro de sombras sen texto, inspirado na peza musical O carnaval dos animais, de Camille Saint-Saëns. Amence no bosque e é un día moi especial: chegou o Entroido. O cuco disfrázase de araña, o cisne de coello moi presumido, á tartaruga sáenlle ás da cuncha, o burro transfórmase en unicornio e o dinosauro vístese de tucán. Todos se preparan para celebrar e bailar, ata que León irrompe na festa cos seus grandes ruxidos. Os animais foxen despavoridos porque lle teñen medo, mais non saben que o maior desexo de León é xogar e facer amigos. No seu camiño polo bosque, atopará outros animais en apuros e non dubidará en axudalos. Unha historia visual, musical e tenra sobre as aparencias, a amizade e a importancia de mirar máis alá do medo. Recomendado para público familiar a partir de 3 anos.
Desde 30/12/2026 18:00
BIPEDESTRUCCIÓN
Sala Ártika
55 min
Bipedestrucción, de Disiden.Cía, é unha proposta de danza familiar contemporánea que xoga co humor, o corpo e a identidade para preguntarse quen somos e quen queremos ser. Dous seres chegan desde outro universo e ábrense camiño sobre os seus dous pés. Como criaturas curiosas, torpes, libres e desobedientes, exploran a súa maneira de moverse polo planeta Terra, de relacionarse, de ocupar o espazo e de construír comunidade. No seu percorrido aparecen as dúbidas, o xogo, o apoio mutuo, a amizade e a procura dun lugar propio. A peza reivindica a diferenza, a liberdade de ser e a posibilidade de habitar o mundo fóra das normas establecidas. Cunha linguaxe física, visual e accesible, Bipedestrucción propón unha viaxe escénica chea de pequenos choques, beliscos de humor e preguntas necesarias. Un espectáculo familiar de danza contemporánea con conciencia LGTBIQA+, pensado para mirar o corpo e a identidade desde a curiosidade, a tenrura e a liberdade. Recomendado para público familiar a partir de 6 anos.
Desde 31/12/2026 12:00
OS TRES PORQUIÑOS
Sala Ártika
50 min
Os tres porquiños, de Migallas Teatro, é un espectáculo teatral para os máis pequenos que revisita un dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil. A través de monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo, a proposta constrúe un universo sinxelo, visual e cheo de encanto, pensado para captar a atención das nenas e nenos desde a proximidade, a cor, o ritmo e a imaxinación. O espectáculo recupera a historia dos tres porquiños cunha mirada coidada e divertida, ofrecendo unha experiencia escénica na que a palabra, os sons, as texturas e a música acompañan o xogo teatral. Unha maneira fermosa de achegar os primeiros públicos ao teatro a partir dun relato recoñecible, transformado nunha celebración da fantasía e da tradición oral. Unha proposta ideal para gozar en familia, especialmente pensada para público infantil a partir de 3 anos.