PUM! PUM! QUEN HAI?

PUM! PUM! QUEN HAI?

Sala Ártika · Ver mapa
50 min

Pum! Pum! Quen hai? é unha comedia musical familiar de Ártika Cía. que nos leva a unha aldea galega onde cada día pode converterse nun xogo.

Gaia, unha nena esperta e curiosa, guía o público a través dos xogos tradicionais do seu pobo. Xunto con personaxes tan carismáticos como Tía Maruxa e Don Rosmón, irá descubrindo os segredos que agochan as portas veciñas, nunha aventura chea de música, humor, equívocos e revelacións.

Cando chegan novos e misteriosos veciños, a comunidade terá que enfrontarse aos seus medos, prexuízos e desconfianzas. A través da risa e da imaxinación, o espectáculo lembra a importancia da curiosidade, da aceptación e da diversidade.

Unha proposta colorida, próxima e divertida, pensada para gozar en familia e celebrar a forza da comunidade, dos xogos compartidos e da mirada aberta da infancia.

Espectáculo en galego recomendado para público familiar a partir de 4 anos.

Sesiones disponibles
Selecciona un día para ver las sesiones disponibles
Fechas