Punctum é o novo proxecto musical liderado polo guitarrista e compositor Manuel Cebrián, acompañado de Paco Charlín ao contrabaixo e David Puíme á batería.
Todos eles con unha ampla traxectoria na escena jazzística nacional e internacional, forman parte de diversos proxectos que teñen o seu percorrido na escena global do jazz.
Músicos cunha dilatada experiencia en estilos musicais diversos e cunha carreira profesional moi destacada.