BIPEDESTRUCCIÓN

BIPEDESTRUCCIÓN

Sala Ártika · Ver mapa
55 min

Bipedestrucción, de Disiden.Cía, é unha proposta de danza familiar contemporánea que xoga co humor, o corpo e a identidade para preguntarse quen somos e quen queremos ser.

Dous seres chegan desde outro universo e ábrense camiño sobre os seus dous pés. Como criaturas curiosas, torpes, libres e desobedientes, exploran a súa maneira de moverse polo planeta Terra, de relacionarse, de ocupar o espazo e de construír comunidade. No seu percorrido aparecen as dúbidas, o xogo, o apoio mutuo, a amizade e a procura dun lugar propio.

A peza reivindica a diferenza, a liberdade de ser e a posibilidade de habitar o mundo fóra das normas establecidas. Cunha linguaxe física, visual e accesible, Bipedestrucción propón unha viaxe escénica chea de pequenos choques, beliscos de humor e preguntas necesarias.

Un espectáculo familiar de danza contemporánea con conciencia LGTBIQA+, pensado para mirar o corpo e a identidade desde a curiosidade, a tenrura e a liberdade.

Recomendado para público familiar a partir de 6 anos.

Sesiones disponibles
Selecciona un día para ver las sesiones disponibles
Fechas