As que limpan

As que limpan

Sala Ártika
80 min

Entradas para o espectáculo “AS QUE LIMPAN - A PANADARIA” na Sala Ártika de Vigo dentro do V Ciclo de comedia COMEDIÁRTIKO 

Data: sábado 09, domingo 10, de novembro de 2024 

Hora: 

Sábado 09 de novembro ás 20:00h 

Domingo 10 de novembro ás 20:00h 

Recinto: Sala Ártika 

Idades recomendada: + 10 anos 

Duración: 80 min 

SINOPSE: 

Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes. 

- Premio do Público na Mostra de Teatro Galego de Cariño 2022 

- Premio a Mellor Espectáculo de Sala na Feria de Teatro de Castilla y León 2022 

- Premio María Casares a Mellor Espectáculo 2023 

- Premio María Casares a Mellor Dirección 2023 

- Premio María Casares a Mellor Texto Orixinal 2023 

- Premio María Casares a Mellor Actriz Protagonista (Noelia Castro) 2023 

- Premio do público da Mostra Internacional de Ribadavia 2023 

FICHA ARTÍSTICA: 

Creación e interpretación Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman 

Apoio dramatúrxico Paula Carballeira 

Música Orixinal Ailén Kendelman 

Caracterización e vestiario Esther Quintas 

Xastras Beatriz Novas e Marta Ferrer 

Escenografía Beatriz de Vega 

Axudantía de escenografía Daniela Rodas 

Iluminación Del Ruiz 

Asesoría lingüística e tradución Rosa Moledo 

Asesoría de movemento Clara Ferrão 

Ollo máxico Sara Rodríguez 

Produción Ailén Kendelman 

Axudantía de produción e documentación Celina F. Ponte 

Imaxe Gráfica Carla Berrocal 

Vídeo Álex Penabade 

Tráiler Lucía Estévez 

Fotografía Pilar Abades e Leticia T. Blanco

Sesiones disponibles
Selecciona un día para ver las sesiones disponibles
Fechas