Entre a noite de club, o ritual folclórico e a paisaxe industrial, os xestos do vogue, as tradicións de danza eslavas e os movementos cotiáns entrelázanse nunha coreografía sen centro. Un espazo entre a resistencia, o coidado e a esperanza radical, que culmina nunha danza circular colectiva (khorowod ou kolo) que convida a elixir: unirse, entregarse por completo ou permanecer á marxe. Un legado en circulación: compartido, inestable e vivo.
No seu derradeiro espectáculo, ”Giving back the Blessings” (Devolvendo as bendicións), a recoñecida bailarina e coreógrafa de orixe ucraíno residente en Munich, Alyna Belyagina e o artista sonoro Dominik Lekavski confrontan o vogue e o folk eslavo, dúas tradicións politicamente cargadas, para indagar sobor de estilos de danza e movemento que poidan servir hoxe como auténticos actos de protesta contra as narrativas políticas dominantes. Que persiste tras o colapso? A cultura do vogue e a danza danza folclórica eslava son competitivas, están suxeitas a regras e xorden de comunidades oprimidas. Se o vogue popularizado, nas comunidades negras e latinas, desafía e opón resistencia reivindicando a cultura queer a través de desfiles e batallas de baile espectaculares; a danza folclórica eslava posúe unha potente carga de códigos de xénero e identidade nacional que agora en Rusia resultan subversivos.
Co patrocionio de: Kulturreferat der Landeshauptstadt München, BLZT – Bayerischer Landesverband für zeitgenössischen Tanz aus Mitteln des Bayerischen Staatsministeriums für Wissenschaft und Kunst, Lothringer 13 Halle, Schloss Bröllin, accueil studio K3 Tanzplan Hamburg,